Republic Thousand Rivers

By castrexoman

Repubicman

SUMMARY. - Great Breast of a Man Castrexo to be able to receive your great Heart, which represents the genuine Spirit of the REOS'Republic. He goes the whole week with the tricolored flag because tomorrow it is celebrated the Day of the Republic, and the other two accompany him always, even when he SLEEPS...

Este peito tan forte encarna o lexítimo Espírito do Pobo Castrexo de REOS; iso é así, porque para aloxar un Gran Corazón é necesario ter tambén un armazón en consonancia. Pertence en concreto a un Gran Amigo meu que coñecín dunha forma moi curiosa -queda para a nosa intimidade- ao cal debolle en gran parte a miña filosofía da vida. Pero ter un bo e gran corazón, ás veces, acarréxalle problemas, e acaban caéndolle todos os MORTOs enriba.

Mañá conmemórase o Día da República, e el xa leva toda a semana exhibindo a correspondente insignia coa bandeira Tricolor, conxuntamente coas outras dúas que son sempre inseparables, aínda que non leve o xersei de propaganda patrocinado por marca J(p)R. A Tricolor non vai con ela todo o ano pois, por circunstancias da vida, reside nunha Vila onde aínda queda algún que outro personaxe da Nobreza, e podería causarlle moi graves problemas vitais.

A BANDEIRA DA REPÚBLICA DOS MIL RÍOS é moi similar ás outras dúas, pero con claras diferenzas. Fondo branco pola pureza e pacifismo. Franxa diagonal azul polo Pai Miño como dicía Castelao, pero loxicamente investida para representar a auténtica dirección do seu percorrido. No centro unha lúa chea de cor verde clariño, en honra á Santa Compaña e á cor dos nosos Eidos; E como símbolo central, como non, un Reo por ser un PEIXE EMIGRANTE pero que xeralmente vén reprucirse onde naceu, que en ocasións especiais acompáñase tamén dos símbolos da Lamprea e a Centola, se a data meréceo, por razóns obvias.

Comments
Sign in or get an account to comment.